gl | es | en
Programa de doutoramento Estudos Lingüísticos

Presentación

O programa de doutoramento Estudos lingüísticos está dirixido a aquelas persoas que, cunha titulación universitaria e cun perfil en linguas e lingüística, desexan afrontar o reto de facer unha tese.

Xuntámonos un grupo de especialistas en lingua española, lingua galega e lingüística xeral para ofrecer un programa atractivo e unha contorna estimulante para a realización do teu plan de investigación. As investigacións poderán versar sobre algún tema relacionado con

  • A descrición das linguas
  • A lingüística aplicada en diferentes vertentes (lexicografía e terminografía, ensino e aprendizaxe de linguas ou tecnoloxías lingüísticas)
  • Análise do discurso e Sociolingüística
  • Lingüística histórica e historiografía lingüística